O pasado xoves 9 de Novembro tivo lugar unha actividade organizada pola Coordinación de Emprendemento e impartida polo actor e colaborador da empresa de formación Bével, Xaquín Domínguez.
A actividade consistiu nunha charla/taller na que see traballaron diferentes conceptos comunicativos: a importancia da linguaxe corporal; a actitude; técnicas para potenciar as capacidades comunicativas; como sacar dun defecto unha virtude; etc.
Antes de comezar a charla realizouse unha breve interpretación para resaltar a importancia da linguaxe corporal dentro do acto comunicativo.
E, para finalizar, o alumnado levou a cabo unha dinámica grupal de proxección e modulación da voz.

0 0 votes
Article Rating