Co gallo da conmemoración do Día internacional das persoas con discapacidade, o 10 de decembro, contamos coa visita de 3 entidades Fundación Edes, @edesfundacion , Aspanaes @aspanaes e Enki @enki_proyecto
Estas charlas mostráronnos a realidade de distintos colectivos e permitíronnos non só aprender, senón tamén comprender as necesidades e desafíos aos que se enfrentan e como podemos apoialos coma futuros profesionais e membros dunha sociedade máis inclusiva.
Démonos conta que as dificultades coas que se atopan non están moitas veces neles mesmos, senón no contorno no que se desenvolven, tanto por barreiras arquitectónicas e comunicativas, coma polos nosos propios prexuízos.






