Coordinación de convivencia

 

Comisión de convivencia


A comisión de convivencia do CIFP Porta da Auga está composta pola dirección do centro, a xefatura de estudos, a xefatura do departamento de orientación, dous membros do claustro e dous representantes do alumnado.

– Elaborar e revisar o Plan de Convivencia

– Garantir o cumprimento das normas de convivencia no centro.

– Impulsar accións dirixidas á promoción da convivencia, especialmente para garantir a igualdade de oportunidades e a resolución pacífica de conflitos.

– Coñecer o cumprimento efectivo das correccións e medidas  correctoras nos termos en que fosen impostas.

– Elaborar unha memoria anual sobre a análise da convivencia e a conflitividade no centro.

Equipo de Mediación Porta da Auga

Desde o curso 2016-2017 un grupo de alumnado e de profesorado do CIFP Porta da Auga decidiu comezar a formarse na aplicación de  técnicas e estratexias favorecedoras da resolución pacífica de conflitos, pensando no conflito como unha posibilidade potencial para a aprendizaxe e o crecemento persoal. Como resultado deste traballo, en novembro de 2018 creábase no noso centro o equipo de mediación educativa destinado a promover e favorecer a convivencia e a resolución dos conflitos a través de vías dialogadas e non violentas, empregando para elo as habilidades sociais como un recurso imprescindible que garantiza o desenvolvemento da competencia social, incidindo deste xeito na mellora das relacións sociais, da vida persoal, e no desenvolvemento da práctica profesional.

Apostamos por abordar o conflito desde o diálogo...

Plan de Convivencia

CIFP Porta da Auga

Avda. de Luarca s/n CP27700 Ribadeo (Lugo)

Tfn: 982 128 894 | Correo-e: cifp.portadaauga@edu.xunta.es