COMISIÓN DE IGUALDADE 

 

“Quen non se move, non nota as súas cadeas

Rosa Luxemburgo

There is no Event

Novas da Comisión de Igualdade

Minitalleres Formativos polo 8M

Este luns, o alumnado dos ciclos de FP Básica Transporte e mantemento de vehículos e Administración...

11F Día da muller e a nena na ciencia

Hoxe celébrase o Día da muller e a nena na ciencia, e a comisión de Igualdade do CIFP Porta da Auga...

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

XORNADA DE PORTAS ABERTAS Visita o centro, coñece as instalacións e os diferentes ciclos ofertados...

AURORA SAMPEDRO: A CIENTÍFICA DA MARIÑA ADIANTADA AO SEU TEMPO

O pasado 8 de abril tivo lugar na Biblioteca do centro a charla de Manuel Rivero titulada...

Charla con Silvia Rico 11 febreiro Día da Muller e a Nena na Ciencia

O pasado venres 16 de febreiro Silvia Rico acudiu ao centro para falar ao alumnado de Transporte e...

Día da Paz e a Non Violencia – Imagine en Lingua de Signos

O alumnado de 2º de APSD interpreta a canción “Imagine” de John Lennon en Lingua de...

RESUMO DAS ACTIVIDADES DA COMISIÓN DE IGUALDADE NO MES DE NOVEMBRO

Comezamos o mes de Novembro coa constitución da Comisión de Igualdade e a presentación do novo Plan...

Charla sobre o cancro de mama – ADICAM

O venres 3 de novembro o alumnado de Servizos Socioculturais e á Comunidade asistiu a unha charla...

Axenda do mes de novembro- Comisión de Igualdade

Desde a Comisión de Igualdade seguimos visibilizando persoas e datas salientadas no feminismo e na...

 

 

O Plan de Igualdade do CIFP Porta da Auga, elaborado pola Comisión de Igualdade, contando coa participación activa do claustro e resto da comunidade educativa, ten como obxectivo xeral acadar unha igualdade real entre homes e mulleres nos ámbitos persoal e profesional.

Para poder lograr esta meta, formúlanse unha serie de actuacións, cuxas actividades van encamiñadas a:

– Impulsar a educación como a ferramenta chave para romper coas diferencias entre mulleres e homes.

– Concienciar ao profesorado da importancia da coeducación.

– Fomentar o traballo colaborativo en rede involucrando aos diferentes axentes educativos e sociais da contorna.

– Promover no alumnado un proxecto persoal e profesional libre de estereotipos de xénero.

– Fomentar a través da formación o mantemento de relacións afectivo-sexuais saudables e respectuosas.

– Favorecer relacións de igualdade e respecto cara a diversidade afectivosexual.

– Promover estratexias e pautas de actuación para a identificación e a actuación contra as diferentes manifestacións da violencia de xénero.

Contacto