O CIFP Porta da Auga conmemora ao longo de todo este ano 2025 a figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, referencia icónica e transversal da nosa identidade e personaxe vertebral da nosa arte, política e historia vencellada ao nacionalismo antifascista galego, de cuxa morte se cumpren 75 anos o 7 de xaneiro.
Para homenaxear ao intelectual de Rianxo levaranse a cabo varias iniciativas. Entre elas cómpre salientar a exposición da súa obra en diferentes expositores situados en lugares estratéxicos do centro, a colocación de cartaces e debuxos elaborados polo alumnado, a confección dun mural nunha das paredes exteriores do CIFP e a representación ao final de curso da súa única peza teatral, Os vellos non deben namorarse, adaptada para a ocasión.

0 0 votes
Article Rating