O CIFP Porta da Auga uniuse á celebración na vila de Mondoñedo do Correlingua 2025, unha xornada reivindicativa a favor da lingua e a cultura galegas. A rapazada asistiu á actuación de Paco Nogueiras e á intervención de Fran Rei, e participaron na andaina programada pola organización. O Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia, o 1º Ciclo de Educación Infantil e o Ciclo Superior de Animación Sociocultural colaboraron na loxística e sinalización da marcha, dinamizando na praza da catedral a gran festa educativa da fala galega.



0 0 votes
Article Rating
