Diversidade funcional e sexualidade

O pasado día 22 de Febreiro acudiu ao noso centro a sexóloga Martina González para impartir unha formación coa que se buscaba afondar no coñecemento da sexualidade das persoas, incidindo especialmente no caso daquelas que por presentar capacidades diferentes ás consideradas como normativas, se atopan moitas veces nunha situación de discriminación social. Profundizar nesta perspectiva perítenos coñecer máis arredor dunha dimensión que é fundamental para as persoas e o seu desenolvemento e, por tanto, sobre a que se deben establecer as intervencións e prácticas profesionais máis respectuosas posibles.

Leave a Reply

avatar
  Subscribe  
Notify of