Réxime modular en horario de adultos: de 18:00 a 23:00.
Pódese acceder por experiencia laboral e matricularse en módulos soltos.
Neste vídeo podrás ver un resume das ensinanzas que impartimos no Departamento de Edificación e Obra Civíl.
Estúdanse as distintas tipoloxías constructivas, tamén se estudia o que é, e de que partes consta un proxecto de construción. Quenes interveñen e que figuras están presentes nas obras de construción, miranse as distintas fases das que se compon unha obra, dende a cimentación ata seus remates finais no caso das obras de edificación e tamén dentro da obra civil. Asi mesmo estudianse todos os materiais que se empregan nas obras.
Estudase como se representan os elementos construtivos e os distintos espazos , que información nos facilitan os planos de cimentación e estrutura , asi como a información que levan os que representan a envolvente e distribución de edificios. Que información levan os planos de obra civil, os de instalacións, e como se debuxa e imprime con aplicación informáticas.
Estudase toda a información necesaria para executar traballos de construción, que recursos son necesarios para a execución das distintas unidades de obra que interveñen nunha obra, como se deben planificar as faenas nas obras. Tamén se elaboran orzamentos de obra, coas suas medicións, tipos de custos, prezos da man de obra, valoracións. E que medidas son necesarias en materia de seguridade e saude nunha obra de construcción.
Legislación laboral básica: contratos, salarios, convenios colectivos e seguridade social. Prevención de riscos laborais: medidas de prevención, equipos de protección, obligacions, lexislación, factores de risco e primeiros auxilios. Autoorientación profesional e búsqueda de empleo: pautas para buscar traballo, oportunidades en Europa, curriculum vitae, entrevista e formación dos equipos de traballo.
Tramites legais de creación da empresa. Nocions básicas de xetion empresarial. Estudo de mercado: coñecemento do entorno das empresa da competencia, dos posibles clientes, etc.
Marqueting e instrumentos de marqueting: public dade, promoción e distribución.
As liñas de actuación do módulo son:
Organización, acondicionamento e planificación da faena de obra, e selección e preparación de recursos. Acondicionamento de superficies para traballos de pintura. Realización de mesturas de pinturas, esmaltes e vernices. Aplicación de pinturas decorativas en superficies interiores e exteriores. Aplicación de esmaltes e bernices en superficies e elementos de construción. A realización de traballos de acabamento decorativos e ornamentacións. Operacións de mantemento e limpeza de equipamentos de traballo, ferramentas, medios auxiliares e zonas de actuación. Aplicación das normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental.
As l iñas de actuación do módulo son:
Organización, acondicionamento e planificación da faena de obra, e selección e preparación de recursos. Implantación da faena que se vaia executar e selección do tipo de materiais. Realización de pastas e morteiros coa dosificación axeitada. Preparación das superficies dos soportes onde aplicar o revestimento continuo.
Realización de recebos e gornecidos a boa vista. Execución de revocaduras, lucidos e revestimentos con mestras. Realización de revestimentos especiais de illamento, impermeabilización ou reparación. Resolución de xuntas, operacións de acabamento e tratamentos das superficies revestidas. Operacións de mantemento e l impeza de equipamentos de traballo, ferramentas, medios auxiliares e zonas de actuación. Aplicación das normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental.
As liñas de actuación do módulo son:
Organización da faena para a construción de particións prefabricadas. Comprensión da documentación técnica escrita e gráfica relativa á execución de particións prefabricadas.
Implantación dos tabiques con placas de xeso laminado.
Coñecemento do manexo da maquinaria, a ferramenta e os utensilios asociados á instalación de placas de xeso laminado.
Construción de estruturas soporte para as placas de xeso laminado. Colocación das placas sobre a estrutura soporte.
Construción de extradorsado con placas de xeso laminado.
Medición e valoración dos traballos realizados. Cumprimento das normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental.
As liñas de actuación do módulo son:
Organización, acondicionamento e planificación da faena de obra, e selección e preparación de recursos. Selección do revestimento de colocación e implantación de elementos. Colocación de rolos, placas, pranchas, táboas, taboleiros, láminas e perfís nos seus sistemas. Traballos de resolución de cortes, xuntas e elementos singulares. Operacións de mantemento e limpeza de equipamentos de traballos, ferramentas, medios auxiliares e zonas de actuación. Aplicación das normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental.
As liñas de actuación do módulo son:
Organización, acondicionamento e planificación da faena de obra, e selección e preparación de recursos.Selección de aparellos de colocación e a implantación de pezas. Colocación de pezas de solados, azulexados e chapados en diferentes sistemas. Traballos de acabamento de superficies, rexuntamento e aplicación de tratamentos especiais. Operacións de mantemento e limpeza dos equipamentos de traballo, as ferramentas, os medios auxiliares e as zonas de actuación. Aplicación das normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental.
As liñas de actuación do módulo son:
Realización de teitos continuos suspendidos, con placas de escaiola e estrutura portante oculta. Realización de teitos continuos de xeso laminado mediante perfís ocultos. Realización de teitos suspendidos desmontables de placas ou láminas con xuntas ocultas e aparentes.
As liñas de actuación do módulo son:
Organización das faenas. Abastecemento de materiais.
Montaxe de medios auxiliares. Implantación dos traballos que cumpra executar. Operacións de instalación de anteparos, paneis autoportantes e chans técnicos. Resolución de xuntas, unións e acabamentos. Aplicación do plan de seguridade.
A persoa que acada a titulación no ciclo formativo de Obras de Interior, decoración e rehabilitación, exerce a sua actividade no sector da construción, en pequenas, medianas e grandes empresas constructoras e Administracions Públicas, xa seña pola sua conta ou nas empresas do sector, desenrrolando traballos de obras de interior e decoración para a construción, rehabilitación, mantenemento e reforma en edificación e obra civil.
Traballos a realizar :
Avda. de Luarca s/n CP27700 Ribadeo (Lugo)
Tfn: 982 128 894 | Correo-e: cifp.portadaauga@edu.xunta.es