Esta é a páxina do Departamento de Electricidade e Electrónica do CIFP Porta da Auga de Ribadeo. Esperamos que este sexa un enlace para futuras consultas do alumnado.
Aqui atoparás información sobre os diferentes ciclos, cursos, xornadas de formación, enlaces a páxinas web de contidos interesantes, así como outra calqueira información relacionada co funcionamento do departamento.
Desexamos que sexa un portal de permanente apoio ó alumno e axuda na súa formación e integración laboral.
Video promocional do ciclo formativo de Instalacións eléctricas e automáticas:
No Departamento de Electricidade impartimos un Ciclo formativo de grao medio de Instalacións eléctricas e automáticas de luns a venres en horario de mañá desde as 8:30h ata as 15:00 e un ciclo formativo de grao superior en Sistemas Eléctricos e Automatizados en modalidade módular en horario de 18:00 a 23:00h.
Módulos do 1º curso
Módulos do 2º curso
Consta de 2000 horas a repartir en dous cursos. O derradeiro trimestre do 2º curso, consiste na realización de prácticas en empresas do sector.
Cualificacións profesionais completas incluídas no título:
a) Montaxe e mantemento de instalacións eléctricas de baixa tensión, ELE257_2
b) Montaxe e mantemento de infraestruturas de telecomunicacións en edificios, ELE043_2, que abrangue as seguintes unidades de competencia:
Cualificacións profesionais incompletas:
a) Montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas ENA261_2.
As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:
Consta de 2000 horas a repartir en tres cursos. O derradeiro trimestre do 2º curso, consiste na realización de prácticas en empresas do sector.
Cualificacións profesionais completas incluídas no título:
a) Xestión e supervisión da montaxe e o mantemento de instalacións eléctricas no ámbito de edificios, ELE382_3 (Real decreto 328/2008, do 29 de febreiro), que abrangue as seguintes unidades de competencia:
– UC1180_3: organizar e xestionar os procesos de montaxe das instalacións eléctricas
no ámbito de edificios e con fins especiais.
– UC1181_3: supervisar os procesos de montaxe das instalacións eléctricas no ámbito
de edificios e con fins especiais.
– UC1182_3: organizar e xestionar os procesos de mantemento de instalacións eléctricas
no ámbito de edificios e con fins especiais.
– UC1183_3: supervisar os procesos de mantemento das instalacións eléctricas no ámbito
de edificios e con fins especiais.
b) Desenvolvemento de proxectos de instalacións eléctricas no ámbito de edificios e con fins especiais, ELE259_3 (Real decreto 1115/2007, do 24 de agosto), que abrangue as seguintes unidades de competencia:
– UC0829_3: desenvolver proxectos de instalacións eléctricas de baixa tensión no ámbito
de edificios de vivendas, industrias, oficinas e locais de pública concorrencia.
– UC0830_3: desenvolver proxectos de instalacións eléctricas de baixa tensión en locais
de características especiais e instalacións con fins especiais.
c) Xestión e supervisión da montaxe e o mantemento de redes eléctricas de baixa tensión e iluminación exterior, ELE385_3 (Real decreto 328/2008, do 29 de febreiro), que abrangue as seguintes unidades de competencia:
– UC1275_3: planificar e xestionar a montaxe e o mantemento de redes eléctricas de
baixa tensión e iluminación exterior.
– UC1276_3: supervisar e realizar a montaxe de redes eléctricas de baixa tensión e
iluminación exterior.
– UC1277_3: supervisar e realizar o mantemento de redes eléctricas de baixa tensión
e iluminación exterior.
Cualificacións profesionais incompletas:
Desenvolvemento de proxectos de redes eléctricas de baixa e alta tensión, ELE260_3
(Real decreto 1115/2007, do 24 de agosto):
– UC0831_3: desenvolver proxectos de redes eléctricas de baixa tensión.
– UC0833_3: desenvolver proxectos de instalacións eléctricas de centros de transformación.
– UC0834_3: desenvolver proxectos de instalacións de iluminación exterior.
As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son as seguintes:
– Técnico/a en proxectos electrotécnicos.
– Proxectista electrotécnico/a.
– Proxectista de instalacións de electrificación en baixa tensión para vivendas e edificios.
– Proxectista de instalacións de electrificación en baixa tensión para locais especiais.
– Proxectista de instalacións de iluminación exterior.
– Proxectista de liñas eléctricas de distribución de enerxía eléctrica en media tensión e
centros de transformación.
– Proxectista en instalacións de antenas e de telefonía para vivendas e edificios.
– Coordinador/ora técnico/a de instalacións electrotécnicas de baixa tensión para os
edificios.
– Técnico/a de supervisión, verificación e control de equipamentos e instalacións electrotécnicas
e automatizadas.
– Técnico/a supervisor/a de instalacións de iluminación exterior.
– Capataz de obras en instalacións electrotécnicas.
– Xefe/a de equipo de instalación de baixa tensión para edificios.
– Coordinador técnico de redes eléctricas de baixa tensión e iluminación exterior.
– Técnico/a en supervisión, verificación e control de equipamentos en redes eléctricas
de distribución en baixa tensión e iluminación exterior.
– Capataz de obras en redes eléctricas de distribución en baixa tensión e iluminación
exterior.
– Encargado/a de obras en redes eléctricas de distribución en baixa tensión e iluminación
exterior.
– Xefe/a de equipo de instalación en redes eléctricas de distribución en baixa tensión e
iluminación exterior.
– Xestor/a do mantemento de instalacións eléctricas de distribución e iluminación exterior.