Ao longo dos tres últimos meses do curso, a alumna Ana Valea Fuente participou nun dos proxectos Erasmus+ de Educación Superior que xestiona o CIFP Porta da Auga (KA 131 2022).
Ana realizou as prácticas correspondentes ao Ciclo Superior de Educación Infantil nunha escola infantil pública do concello de Verona, en Italia, país recoñecido pola calidade do seu sistema educativo infantil e a aplicación de metodoloxías innovadoras. O convenio realizouse coa Comune de Verona, e a alumna realizou as prácticas en centros de traballo no Nido “Il Quadrifoglio” San Massimo.
Durante o período da súa mobilidade, Ana analizou as características do centro educativo e da contorna, as metodoloxías empregadas, o grupo asignado, espazos, materiais, etc. E, por suposto, puxo en práctica os seus coñecementos a través dun proxecto educativo para un mes dirixido aos nenas e nenos de 0 a 3 anos.
0 0 votes
Article Rating