
- This event has passed.
8M PROXECCIÓN ABERTA AO PÚBLICO
Marzo 6, 2024 @ 7:30 p.m. - 9:00 p.m.

Dende a Comisión de Igualdade do CIFP Porta da Auga, con motivo do 8 de Marzo, organizamos a proxección do documental “The mask you live in” o mércores 6 de marzo as 19.30 h no Salón de Actos do centro.
Queremos convidar a toda a comunidade educativa de Ribadeo a achegarse a velo. Consideramos que a loita pola igualdade non é posible mentres non desbotemos os estereotipos de xénero que de forma específica afectan aos nosos rapaces e rapazas.