- This event has passed.
RUTA DE INTERPRETACIÓN DE ECOSISTEMAS COSTEIROS E MARIÑOS: COSTA E RÍA DE RIBADEO, OBSERVACIÓN DE AVES INVERNANTES
Xaneiro 12 @ 8:30 a.m. - 3:00 p.m.
O vindeiro venres 12 de xaneiro, alumnado do 1º curso do Ciclo Básico de Mantemento de Vehículos, de 2º do CM de Atención a Persoas en Situación de Dependencia, e do 2º curso do CS de Educación Infantil, participarán nunha actividade enmarcada dentro do programa Naturézate, do Plan Proxecta. Nesta xornada realizarán visitas á praia de Augas Santas, á costa de Rinlo e á ría de Ribadeo, co obxectivo de coñecer os ecosistemas costeiros e a avifauna invernante, así como valorar o seu potencial como recurso educativo.