TALLER SOBRE TRADING E BOLSA

CIFP Porta da Auga Ribadeo, Lugo, Spain

O  próximo luns 11 de decembro ás 09:30h, o alumnado de 2º curso do Ciclo Superior de Administración e Finanzas participará nun taller sobre trading e bolsa organizado polo Departamento de Administración e Xestión, e impartido polo trader de bolsa Francisco Vázquez.

CHARLA SOBRE VOLUNTARIADO: CRUZ VERMELLA DE RIBADEO

CIFP Porta da Auga Ribadeo, Lugo, Spain

O vindeiro luns 11 de decembro, un grupo de voluntarias da Cruz Vermella de Ribadeo achegaranse ao centro para dar unha charla ao alumnado de 1º FPB Básica de Mantemento de Vehículos, de 09:30 a 10:30h, e para o alumnado de 2º do Ciclo Superior de Educación Infantil de 10.45 a 11:45h.

Taller de emprendemento en masaxes infantís

O martes 12 de novembro terá lugar un taller de emprendemento en masaxes infantís, impartido por Cristian Martín Vázquez, docente universitario no departamento de Enfermería e Fisioterapia na USC, matrona e empresario de Matroas e Nais de Lugo. O taller está dirixido ao alumnado de 2ºcurso do Ciclo Superior en Educación Infantil.

CHARLA E EXPERIMENTOS SOBRE RADIACIÓN E RADIACTIVIDADE

CIFP Porta da Auga Ribadeo, Lugo, Spain

O día 18 de novembro achegarase ao centro Pablo Cabanelas, investigador do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) para impartir unha charla e realizar experimentos sobre radiación e radiactividade ao alumnado de 1º FPB de Mantemento de Vehículos. Construirá un motor eléctrico co alumnado do Ciclo Medio Dual de Instalacións Eléctricas e Automáticas.