Taller de emprendemento sobre recursos educativos de atención á infancia

CIFP Porta da Auga Ribadeo, Lugo, Spain

O vindeiro martes 7 de novembro contaremos coa presenza no centro da psicóloga e socia fundadora da Cooperativa Miudiño, Judit Santos. Impartirá un taller de emprendemento no salón de actos sobre recursos educativos de atención á infancia para o alumnado de 1º e 2º do Ciclo Superior de Educación Infantil.

Charla: Técnicas de comunicación para emprender

CIFP Porta da Auga Ribadeo, Lugo, Spain

O próximo xoves 9 de novembro recibiremos no centro ao actor e formador Xaquín Domínguez, que impartirá unha charla sobre técnicas de comunicación para emprender. Esta actividade realizarase en dúas quendas: 08:30-10:30h para o 2º curso do Ciclo Superior de Educación Infantil, na aula de referencia. 13;00-15:00h para o 2º curso do Ciclo Superior de ... Ler máis

Concienciación en materia de prevención de riscos laborais- Fundación Laboral de Construcción de Galicia

CIFP Porta da Auga Ribadeo, Lugo, Spain

O vindeiro martes 14 o Departamento de FOL organiza unha xornada de actividades de concienciación en materia de prevención de riscos laborais nas familias de Mantemento de Vehículos, Instalacións Eléctricas e Automáticas, e Construcción e Obra Civil. Esta actividade enmárcase dentro da campaña "Seguridade e saúde: + cerca da escola", da Fundación Laboral de la ... Ler máis

Emprendendo no sector da Administración e Xestión: charla con Vanessa Gromaz

CIFP Porta da Auga Ribadeo, Lugo, Spain

O luns 20 de novembro contaremos coa presenza no centro de Vanessa Gromaz, de Hernández Martínez & Gromaz. Vanessa é graduada social e economista, e impartirá unha charla sobre o emprendemento no sector da Administración e Xestión, dirixida ao alumnado de 1º e 2º cursos do Ciclo Superior de Administración e Finanzas. 09:30 - 10:30h ... Ler máis