Falamos de Emprendemento

O CIFP Porta da Auga acolleu a segunda edición do ciclo de charlas da FCAM sobre o futuro laboral na Mariña

O noso salón de actos encheuse para escoitar a Iván Marrube (Reyco) e Roberto Ramos (BeOne), que compartiron co alumnado de FP as súas experiencias profesionais e unha mensaxe clara: na Mariña hai emprego, oportunidades e futuro

Falouse de soñar en grande, de emprender na comarca, de salarios competitivos e, sobre todo, dun valor engadido clave: a calidade de vida.

Grazas á FCAM, ás empresas participantes e a todo o alumnado pola súa implicación
Seguimos apostando pola conexión entre formación e mundo laboral!
#fpgalicia

0 0 votes
Article Rating
Subscribe
Notify of
guest
0 Comments
Inline Feedbacks
View all comments
0
Would love your thoughts, please comment.x
()
x