#hatersdaviolenciadexénero

Dende a Comisión de Igualdade lanzamos a actividade-concurso #hatersdaviolenciadexénero, seguindo a liña da campaña da Xunta de Galicia para o 25N deste ano e colaborando co resto de centros educativos do municipio e co propio Concello de Ribadeo, e pregamos a vosa colaboración e dinamización da mesma nas aulas do noso centro.

Nesta ocasión a actividade toma forma de concurso de fotografía ou video curto no que se denuncien situacións de violencia contra as mulleres, estas composicións audiovisuais deberán ir acompañadas dun lema e o hastag da actividade (#hatersdaviolenciadexénero), publicarse no perfil de instagram dos participantes e remitilas ao mail da Comisión de Igualdade (portalilaribadeo@gmail.com). Podedes ver, no cartaz adxunto as bases do concurso, así como nas RRSS do centro e da Comisión (instagram: @porta_lila_ribadeo) e na seguinte ligazón: https://view.genial.ly/618af6bde2a75a0def0d4f4e/interactive-content-hatersdaviolenciadexenero

https://view.genial.ly/6192235e53fdc10d802f7097/interactive-content-info-25n

A comisión de Igualdade reunirase para valorar a creacion gañadora, o premio consta de material audiovisual e educativo. Todas as aportacións recibidas pasarán a formar parte dunha exposición organizada polo CIM do Concello de Ribadeo.

Leave a Reply

avatar
  Subscribe  
Notify of