DEPARTAMENTO DE INFORMACIÓN E ORIENTACIÓN PROFESIONAL
QUEN O FORMA?
A orientadora, xefa do departamento.
A coordinadora de emprendemento, xefa do departamento de FOL.
Un membro do profesorado de cada familia profesional que existe no centro: Transporte e Mantemento de Vehículos, Electricidade e Electrónica, Edificación e Obra Civil, Administración e Xestión e Servizos Socioculturais e á Comunidade.
QUE FUNCIÓN TEN?
- Informar sobre as diferentes opcións académicas e profesionais ao noso alumnado ou a calquera outra persoa.
- Informar e orientar as persoas que participen no procedemento de recoñecemento, avaliación, acreditación e certificación da competencia profesional.
- Fomentar o emprendemento. Xestionar a bolsa de emprego.
- Realizar estudos de inserción laboral e de mercado laboral.
- Elaborar propostas acerca dos perfís profesionais que demanden as empresas da contorna.
- Colaborar coas titorías e co resto do profesorado na detección de problemas de aprendizaxe.
QUEN PODE SOLICITAR INFORMACIÓN E/OU ORIENTACIÓN?
Todo o alumnado do centro e as persoas alleas interesadas en obter información e/ou orientación académica e/ou profesional.
EN QUE HORARIO SE PODE ACUDIR?
Preferentemente con cita previa, solicitada a través do correo do DIOP ou a través do teléfono do centro.
CONTACTO
Email: orientacion.cifp.portadaauga@edu.xunta.gal
Tfno: 982128894
Enderezo: Avda de Luarca s/n
Web: https://portadaauga.es