Isa García (bióloga), integrante do colectivo artístico “Retoque Retro” foi a guía e relatora da actividade formativa “Obradoiro de Arte Efémera e Estampación con Lixo Mariño”, dirixido ao alumnado de 1º curso do Ciclo formativo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia e do Ciclo formativo de Educación Infantil do CIFP Porta da Auga (Ribadeo).
Nesta formación o alumnado e profesorado adquiriron coñecementos e habilidades para realizar pezas de arte empregando só plástico e lixo procedente das praias.
O obxectivo desta actividade é concienciar ao alumnado e, por extensión a toda a comunidade sobre a importancia da reciclaxe, reutilización e redución dos residuos promovendo o desenvolvemento sostible e o coidado do medio ambiente.
Con Retoque Retro, o alumnado e profesorado realizou intervencións artísticas entre elas esculturas efémeras e prendas de roupa estampadas empregando residuos procedentes do mar.
Unha verdadeira actividade sensibilizadora sobre a problemática dos residuos plásticos nos océanos e mares da Terra e as súas consecuencias ambientais e sociais.
Subscribe
0 Comments