Unha vez levadas a cabo as reunións informativas do 22 e o 23 de outubro, ábrese o prazo para solicitar a participación nas mobilidades Erasmus + que oferta o centro para a realización da FCT neste curso.
Aquelas persoas interesadas deberás poñerse en contacto co profesor Adrián López antes do día 13 de novembro, co fin de levar a cabo o proceso de selección dos/das participantes e poder elaborar a lista definitiva de persoas becadas.
Unha vez publicada a lista definitiva das persoas seleccionadas, dispóñense de cinco (5) días para interpoñer as posibles reclamacións ante o devandito proceso.
Todas as solicitudes que se comuniquen fóra de prazo serán rexeitadas.
Coordinación de programas internacionais
O CIFP Porta dá Auga ten unha longa tradición na realización de programas internacionais e prácticas no estranxeiro.
Desde o centro consideramos este tipo de accións como unha magnífica oportunidade para que o noso alumnado poida vivir unha experiencia enriquecedora e desenvolva novas competencias nos ámbitos lingüísticos e profesionais.
Nos últimos anos colaboramos con empresas alemás e italianas, e a día de hoxe temos a seis antigos alumnos traballando en Alemaña.
Dispoñemos dunha Carta Erasmus propia para realizar mobilidades co alumnado de Ciclo Superior.
Carta Erasmus vixente 2014-20
Erasmus Policy Statement