Publicación do concurso Eduemprende Idea 2023 – prazo ata o 20 de decembro

A Consellería de Educación ven de convocar o concurso Eduemprende Idea 2023, co fin de promover a realización de proxectos empresariais por parte do alumnado das ensinanzas de formación profesional, entre outras.

Podes consultar toda a información ao respecto AQUÍ

QUEN PODE PARTICIPAR? : Aquel alumnado matriculado durante o curso 2022/23 que elaborase proxectos de carácter empresarial. A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dúas persoas e un máximo de catro, que terán igualmente a consideración de beneficiarias.

EN QUE CONSISTEN OS PREMIOS? Existen premios divididos en dúas modalidades: unha para ciclos superiores, e outra para ciclos medios. Para cada unha delas: 1º premio: 3.000 €. 2º premio: 2.000 €. 3º premio: 1.000 €. Ademais ofrécese:

– Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

– Asesoramento técnico a través da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego.

COMO? Presentando unha solicitude por sede electrónica segundo o formulario indicado, e aportando a documentación que se explica na orde.

CAL É O PRAZO? Ata o 20 de decembro.

0 0 votes
Article Rating
Subscribe
Notify of
guest
0 Comments
Inline Feedbacks
View all comments
0
Would love your thoughts, please comment.x
()
x