RESUMO DAS ACTIVIDADES DA COMISIÓN DE IGUALDADE NO MES DE NOVEMBRO

Comezamos o mes de Novembro coa constitución da Comisión de Igualdade e a presentación do novo Plan de Igualdade 2023-2024, no que se establecen as líneas de traballo para o curso: saúde feminina e violencias machistas no primeiro trimestre, mulleres referentes no segundo e diversidade afectivo-sexual e saúde menstrual no terceiro.

Neste mes, elaboramos uns marcapáxinas para o profesorado con consellos para integrar a perspectiva de xénero na práctica docente e detectar posibles casos de violencia de xénero no ámbito educativo.

Participamos no Concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais, con motivo do 25 de novembro “día internacional contra a violencia de xénero” convocado pola Secretaría Xeral da Igualdade e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa cun vídeo elaborado por un grupo de alumnas de 2º de Educación Infantil titorizado pola profesora Belén Blanco.

Así mesmo, convocamos o noso propio certame fotográfico para o 25N, no que resultaron premiadas a alumna de 1º APSD, Verónica Villamil e Laura Quiroga de 2º de Infantil. As alumnas recibiron libros de autoras galegas de temática feminista como agasallo (Luns de Eli Ríos, Golpes de luz de Ledicia Costas e a A cabeza da Medusa de Marilar Aleixandre).

Puxemos nos corredores unhas infografías sobre tipos de violencia machista elaborados a partir da publicación do Ministerio de Igualdade e decoramos os taboleiros cos traballos do alumnado de 2º de Educación Infantil.

A Comisión de Dinamización Lingüística do Centro convocou un certame de lemas para o 25N, saíndo vencedor o lema da profesora Belén Blanco.

Rematamos o mes coa conmemoración do 25N, onde lemos un manifesto elaborado polo alumnado de 1º APSD, interpretamos a canción “A veciña do cuarto” de Fillas de Casandra e fixemos un mural de mans colaborativo, deseñado pola alumna Antía García de 1º de Educación Infantil. Así mesmo, o alumnado de FP básica e 1º de Ciclo Medio acudiu ao auditorio a ver a película “Matria”, actividade organizada polo CIM de Ribadeo.

0 0 votes
Article Rating
Subscribe
Notify of
guest
0 Comments
Inline Feedbacks
View all comments
0
Would love your thoughts, please comment.x
()
x