Emprendendo no sector da Administración e Xestión: charla con Vanessa Gromaz

O luns 20 de novembro contaremos coa presenza no centro de Vanessa Gromaz, de Hernández Martínez & Gromaz. Vanessa é graduada social e economista, e impartirá unha charla sobre o emprendemento no sector da Administración e Xestión, dirixida ao alumnado de 1º e 2º cursos do Ciclo Superior de Administración e Finanzas.

  • 09:30 – 10:30h na aula 3 de administrativo.

Taller de emprendemento para profesionais na atención a persoas en situación de dependencia

O vindeiro 20 de novembro terá lugar no salón de actos do centro un taller de emprendemento para profesionais na atención a persoas en situación de dependencia.

Está dirixido ao alumnado de 1º e 2º cursos do Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia, de 10:45h a 12:45h, e será impartido por Susana Ávarez Rodríguez, Técnica Superior en Animación Sociocultural.

Concienciación en materia de prevención de riscos laborais- Fundación Laboral de Construcción de Galicia

O vindeiro martes 14 o Departamento de FOL organiza unha xornada de actividades de concienciación en materia de prevención de riscos laborais nas familias de Mantemento de Vehículos, Instalacións Eléctricas e Automáticas, e Construcción e Obra Civil. Esta actividade enmárcase dentro da campaña “Seguridade e saúde: + cerca da escola“, da Fundación Laboral de la Construcción de Galicia.

HORARIO

  • 13:00-14:00h: Ciclo Medio de Electromecánica do Vehículo e 2º Ciclo Medio Dual de Instalacións Eléctricas e Automáticas.
  • 14:00-15:00h: 2º curso do Ciclo Superior de Automoción.
  • 17:00-18:00: Ciclo Medio de Obras de Interior, Decoración e Rehabilitación.

Charla: Técnicas de comunicación para emprender

O próximo xoves 9 de novembro recibiremos no centro ao actor e formador Xaquín Domínguez, que impartirá unha charla sobre técnicas de comunicación para emprender.

Esta actividade realizarase en dúas quendas:

  • 08:30-10:30h para o 2º curso do Ciclo Superior de Educación Infantil, na aula de referencia.
  • 13;00-15:00h para o 2º curso do Ciclo Superior de Administración e Finanzas, e 2º do Ciclo Superior de Automoción. Neste caso, no salón de actos.