Taller de empredemento de construción e reparación de pezas de fibra

Os días 14, 15 e 16 de novembro realizouse un taller de emprendemento para a construción de pezas de fibra de vidro e fibra de carbono cos procesos de vacío e infusión.

Impartiuno Juan Ramón, dono da empresa Arousa fiber, sita na Illa de Arousa (Pontevedra).

Levouse a cabo a construción de pezas de carbono (pala de pádel, hand board, gardabarros bicicletas…), fibra de vidro (mesas, bancos e capós) e reparación do casco dun Optimist.

O taller recibiuno o alumnado do curso de formación autorizada de fabricación e mantemento de embarcacións de fibra.

Leave a Reply

avatar
  Subscribe  
Notify of