Presentación Departamento Transporte e mantemento de vehículos

Nos últimos anos, a estructura productiva do noso entorno veuse afectada pola globalización económica, o avance das tecnoloxías e as novas técnicas de producción e xestión nas empresas. Ante isto calquera economía queira garantir a estabilidade no emprego e no mantemento da competitividade entre empresas necesita traballadores cualificados con amplas habilidades e con capacidade para seguir formándose e así adaptarse os novos retos que sen dúbida presentaranse en calquera dos sectores en que desenvolvan a súa profesión. Estes obxectivos alcanzaranse a través dunha axeitada formación dos traballadores, tanto inicial e previa a incorporación o mundo laboral, como continua o longo da vida. Isto e o que intentamos conseguir cos nosos alumnos, que saian cunha preparación adecuada o mundo laboral no que han de desenvolverse, e así mesmo a través da formación continua poder estar sempre ó corrente nas novas técnicas de producción.

Oferta educativa

Formación regrada

Dentro da formación profesional regrada neste departamento impártense  tres Ciclos Formativos da familia de Transporte e Mantemento de Vehículos Autopropulsados divididos en seis grupos.

 A oferta educativa dos mencionados ciclos e a seguinte:

Ciclo Formativo de Formación Profesional Básica

Este ciclo está dividido en dous grupos ou cursos, 1º e 2º curso.

NIVEL: Formación Profesional Básica.

DURACIÓN DO CICLO FORMATIVO: a duración dos ciclos formativos de formación profesional básica é de 2000 horas.

PERFIL PROFESIONAL: A competencia xeral do título profesional básico en Mantemento de Vehículos consiste en realizar operacións básicas de mantemento electromecánico e carrozaría de vehículos, desmontando e montando elementos mecánicos, eléctricos e amovibles do vehículo, e executando operacións básicas de preparación de superficies, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

Estas persoas exercen a súa actividade no sector do mantemento de vehículos, normalmente en talleres de reparación e concesionarios de vehículos privados, industriais, agrícolas e de obras públicas.

Ciclo Formativo de Grado Medio de Electromecánica

Este ciclo está dividido en dos grupos ou cursos, 1º e 2º curso.

NIVEL: Formación Profesional de grao medio.

DURACIÓN DO CICLO FORMATIVO: 2.000 horas.

PERFIL PROFESIONAL: Os requisitos xerais de cualificación profesional do sistema productivo para este técnico son: Realizar operacións de mantemento, montaxe de accesorios e transformacións do vehículo na área de mecánica, hidráulica, pneumática e electricidade, axustándose a procedementos e tempos establecidos, conseguindo a calidade requirida e en condicións de seguridade.

Ciclo Formativo de Grado Medio de Carrozaría

 Este ciclo está dividido en dous grupos ou cursos, 1º e 2º curso.

NIVEL: Formación Profesional de Grao Medio.

DURACIÓN DO CICLO FORMATIVO: 2000 horas.

PERFIL PROFESIONAL : Os requirimentos xerais de cualificación profesional do sistema productivo para este técnico son: Realiza-las operacións de reparación, montaxe de accesorios e transformacións do vehículo na área de carrocería, bastidor, cabina e equipos ou apeiros, axustándose a procedementos e tempos establecidos, conseguindo a calidade requirida e en condicións de seguridade.

Ciclo Formativo de Grado Superior de Automoción

Este ciclo está dividido en dous grupos ou cursos, 1º e 2º curso.

NIVEL: Formación Profesional de Grao Superior.

DURACIÓN DO CICLO FORMATIVO: 2000 horas.

PERFIL PROFESIONAL : Os requirimentos xerais de cualificación profesional do sistema productivo para este técnico son: Realizar operacións de diagnose, planificación, mantemento e reformas nas áreas de electricidade e electrónica, mecánica, hidráulica, pneumática e carrocería dos vehículos automóbiles pesados, motocicletas, maquinaria agrícola e de obras públicas, axustándose ós procedementos establecidos, conseguindo a calidade requerida en condicións de seguridade.

O número de módulos formativos que imparte o departamento e de un total de 25. Cada profesor elabora a correspondente programación referente os módulos que imparte velándose para  que se  cumpran os contidos mínimos de ditas programacións.

FP DUAL: Grado Medio de Electromecánica de Maquinaria

NIVEL: Formación Profesional de Grao Medio.

DURACIÓN DO CICLO FORMATIVO: 2000 horas.

PERFIL PROFESIONAL :Realizar operacións de mantemento, montaxe de accesorios e transformacións nas áreas de mecánica, hidráulica, pneumática, electricidade e electrónica do sector de maquinaria agrícola, de industrias extractivas e de edificación e obra civil, axustándose a procedementos e tempos establecidos, e cumprindo as especificacións de calidade, seguridade e protección ambiental.

O número de módulos formativos son 12. Os alumnos deste ciclo recibirán a maior parte da formación teórica de cada módulo no noso centro, e a parte teórica máis específica e a formación práctica recibiranna na empresa.

Acreditacións e competencias

 No departamento de Automoción tamén se desenvolve o proceso para acreditacións de competencias profesionais da Familia Mantemento de Vehículos Autopropulsados no ciclo de Electromecánica de Vehículos e de Carrozaría onde as persoas matriculadas, tras pasar unha fase de asesoramento e avaliación, poden convalidar distintos módulos formativos pola súa experiencia profesional.

Formación ocupacional

 Ademáis da formación regrada, tamén se imparte por parte do profesorado cursos de formación para o emprego dentro da formación ocupacional en colaboración coa a Consellería de Traballo.

Saídas profesionais

Ciclo Formativo de Formación Profesional Básica

As ocupacións e postos de traballo máis relevantes que poden ser desempeñados por estos técnicos son:

– Axudante na área de carrozaría.

– Auxiliar de almacén de recambios.

– Operario en empresas de substitución de cristais.

– Axudante na área de electromecánica.

– Operario de taller de mecánica rápida.

A Ciclo Formativo de Grado Medio de Electromecánica

As ocupacións e postos de traballo máis relevantes que poden ser desempeñados por estos técnicos son:

– Mecánico de automóbiles.

– Electricista de automóbiles.

– Mecánico de equipos diesel.

– Instalador de accesorios.

– Mecánico-electricista de maquinaria agrícola e de obras públicas.

– Mecánico-electricista de motocicletas.

– Mecánico de vehículos pesados.

– Electricista de vehículos pesados

Ciclo Formativo de Grado Medio de Carrozaría

As ocupacións e postos de traballo máis relevantes que poden ser desempeñados por estos técnicos son:

– Chapista reparador de carrocerías:

de automóviles

maquinaria de obras públicas e agrícola

vehículos pesados

motocicletas e material ferroviario

– Instalador de cristais e montador de accesorios

– Pintor de carrocerías

de automóviles

maquinaria agrícola e de obras públicas

vehículos pesados

motocicletas e ferrocarrís.

Ciclo Formativo de Grado Superior de Automoción

As ocupacións e postos de traballo máis relevantes que poden ser desempeñados por estos técnicos son:

– Xefe de taller

– Receptor/reparador de vehículos

– Encargado de taller

– Encargado da sección de chapa/pintura

– Encargado de I.T.V

– Perito taxador de vehículos

CIFP Porta da Auga

Avda. de Luarca s/n CP27700 Ribadeo (Lugo)

Tfn: 982 128 894 | Correo-e: cifp.portadaauga@edu.xunta.es