En que consiste?

Consiste nun recurso que facilita aos estudantes con calidades emprendedoras a oportunidade de deseñar o seu proxecto de empresa e levar adiante a creación do seu propio negocio.

Este viveiro é un local dividido en 2 despachos equipados con moblaxe básica propia dunha oficina, equipamento informático e os servizos precisos para levar as xestións necesarias para a posta en marcha de iniciativas emprendedoras.

Dende o centro, ademais das instalacións ofrecese formación e titorización por parte da coordinadora de emprendemento. Esta ofrecerá tamén un asesoramento inicial, xunto con calquera profesor do centro con coñecemento no ámbito, así como a posibilidade de ter asesoramento especializado poñéndoo en contacto con  axentes de emprego e desenvolvemento local do concello,  orientadores/as laborais das oficinas públicas de emprego…

Requisitos para acceder ao viveiro:

  1. A) Alumnado matriculado nalgunha ensinanza sostida con fondos públicos de Galicia de Formación profesional:
  • Ensinanzas superiores de deseño
  • Ensinanzas artísticas superiores de grao en conservación e restauración de bens culturais
  • Ensinanzas artísticas superiores de grao en arte dramático
  • Ensinanzas artísticas superiores de grao en música
  • Ensinanzas artísticas superiores de grao en danza
  • Ensinanzas deportivas
  • Bacharelato
  • Educación secundaria para persoas adultas (ESA)
  1. B) Persoas que finalizaran nos últimos catro anos os estudos mencionados no apartado a)

Poden ser un ou varios emprendedores nun mesmo proxecto, segundo a forma xurídica  elixida.

Servizos que se ofrecen:

1. Asesoramento

  • Por parte do profesorado que imparte formación relacionada co sector onde se desenvolverá o teu proxecto
  • Do persoal técnico especialista para avaliar a viabilidade técnica e económica do teu proxecto
  • Titoría polo coordinador ou coordinadora de emprendemento, responsable do seguimento e orientación no teu proxecto

2. Instalacións propias do viveiro.

Locais dotados con moblaxe básica propia dunha oficina, equipos informáticos, acceso a internet, teléfono, fax, fotocopiadoras e gastos xerados no mantemento xeral.


Contacto