O vindeiro día 20 de xuño celebrarase no cine-teatro de Ribadeo unha xornada de difusión sobre a oferta formativa de formación profesional existente na comarca da Mariña, na que participarán representantes de diferentes centros educativos da comarca e da consellería de educación.
A xornada comezará ás 10:00 e rematará as 14:00, e desenvolverase a través de breves intervencións na que van a participar relatores/as especializados/as, tratando diferentes temas de actualidade relacionados coa FP: FP Dual, procedemento ARA (Avaliación, recoñecemento e acreditación de competencias), programa Erasmus+, innovación, cursos de formación específica, etc.
Leave a Reply