O pasado xoves 29 de maio levamos a cabo unha xornada de convivencia entre o alumnado do ciclo medio de Atención a persoas en situación de dependencia, o Centro Ocupacional de Vilalba e o Centro ocupacional da Fundación Eu son de Burela.
Para o alumnado do ciclo tratouse dunha actividade formativa transversal onde comprobaron e puxeron en práctica moitas das aprendizaxes realizadas ao longo do curso nunha xornada lúdica que reuniu en torno a 70 persoas.
Para o seu desenvolvemento contamos coa colaboración do concello de Ribadeo, que non so acondicionou a zona e se puxo en contacto con protección civil senón que facilitou unha visita guiada ao Forte de San Damián. Así mesmo, desde o CEIP Monte Caaveiro de A Capela, deixáronnos xogos tradicionais que facilitaron o desfrute nesta xornada de convivencia.