O pasado venres 10 de novembro tivo lugar no centro unha xornada técnica sobre colocación de cerámica de gran formato Coverlam, organizada polo departamento de Edificación e Obra Civil e coa colaboración das empresas Grespania, Rubí e Construdeco. Esta formación estivo dirixida tanto ao alumnado como a profesionais do sector e outras persoas interesadas na materia, e durante a mesma realizáronse tarefas demostrativas de manipulación de pezas e colocación.
As empresas patrocinadoras do evento Grespania e Rubí son fabricantes de material cerámico e máquinas cortadoras, así como todo tipo de accesorios para o manexo deste produto, respectivamente.




0 0 votes
Article Rating