Presentación Departamento Administración e Xestión

Somos un equipo de persoas con vocación de ensinantes, con experiencia e preparación que, cremos, non escatima dedicación, entusiasmo e enerxía.

Como docentes temos a vontade de aprender, ensinar e compartir coñecementos e destrezas, ter iniciativas e poñelas en práctica para facer as cousas cada día mellor traballando en equipo e conseguir “Auxiliares e Técnicos/as Administrativos” capaces de adaptarse aos rápidos cambios na profesión administrativa, de ser flexibles e de construír a súa propia autonomía profesional nun mundo empresarial sempre moi complexo, sen esquecernos das persoas con capacidades diferentes.

O noso alumnado sae preparado para desempeñar múltiples tarefas no seu campo profesional e á vangarda nas últimas tecnoloxías, pero sen deixar de lado a súa preparación para ser cidadáns responsables, capaces de afrontar e resolver problemas.

A través da F.C.T.,  o alumnado realiza formación en empresas da zona ou en países da U.E., algo no que contamos con anos de experiencia,  formándose a todos os niveis cara a súa inserción no mundo laboral.

A nosa oferta educativa ten como obxectivo formar profesionais capaces de inserirse na realidade produtiva, caracterizada por unha rápida evolución tanto dende o punto de vista tecnolóxico como da organización do traballo. Tamén poden continuar os estudos no campo universitario.

Pretendemos ser un referente da familia de “Administración e Xestión” na nosa contorna, poñendo profesionais e modernas instalacións ao servizo da innovación no ámbito da formación e da mellora da calidade na F.P.

A continuación podes ver un video promocional da nosa familia profesional:

Oferta educativa

Podes ver unha presentación da oferta educativa en pdf do departamento pichando no enlace seguinte: PDF oferta educativa.

Tamén podes ver unha presentación da familia profesional no vídeo seguinte:

Saídas profesionais

CM de Xestión Administrativa

Saídas profesionais

Contorna profesional e de traballo

Finalizado o Ciclo Medio de Xestión Administrativa pódese optar a un posto de auxiliar administrativo, tanto na empresa privada como na Administración pública.

Todas as empresas precisan do traballo administrativo e o título de Técnico en Xestión Administrativa capacita para traballar en:

  • Empresas pequenas, medianas ou grandes.
  •  Empresas de calquera sector da actividade (industriais, comerciais e de servizos).
  • Na Administración Pública:
  1. Local.
  2. Autonómica.
  3. Estatal.

Ocupacións ou postos de traballo máis relevantes

  • Auxiliar administrativo/a.
  • Axudante de oficina.
  • Auxiliar administrativo/a de cobros e pagos.
  • Administrativo/a comercial.
  • Auxiliar administrativo/a de xestión de persoal.
  • Auxiliar administrativo/a das administracións públicas.
  • Recepcionista.
  • Empregado/a de atención á clientela.
  • Empregado/a de tesouraría.
  • Empregado/a de medios de pago.

Ciclo Superior de Administración e Finanzas

Saídas profesionais

Contorna profesional e de traballo

As persoas que rematen os estudos do ciclo formativo de grao superior correspondente a titulación de técnico superior en administración e finanzas poderán exercer a súa actividade en calquera tipo de empresa, así como nas Administracións públicas, desempeñando as tarefas administrativas na xestión e no asesoramento nas áreas laboral, comercial, contable e fiscal desas empresas e institucións, ofrecéndolles un servizo e atención á clientela e á cidadanía, realizando trámites administrativos coas administracións públicas e xestionando o arquivo e as comunicacións da empresa.

Poderían traballar por conta propia, efectuando a xestión da súa propia empresa, ou a través do exercicio libre dunha actividade económica, como nunha asesoría financeira ou laboral, estudos de proxectos, etc.

Ocupacións ou postos de traballo máis relevantes

  • Administrativo/a de oficina ou despacho profesional.
  • Administrativo/a comercial.
  • Administrativo/a financeiro/a.
  • Administrativo/a contable.
  • Administrativo/a de loxística.
  • Administrativo/a de banca e de seguros.
  • Administrativo/a de recursos humanos.
  • Administrativo/a da Administración pública.
  • Administrativo/a de asesorías xurídicas, contables, laborais e fiscais, ou xestorías.
  • Técnico/a en xestión de cobros.
  • Responsable de atención á clientela.

Contacto