O pasado día 20 de xaneiro o equipo de dinamización lingüística xunto co da biblioteca e o departamento de servizos á comunidade organizaron unha actividade na que a poñente Ana Meilán, escritora de literatura infantil lucense, veu a impartir un taller de contacontos para todo o alumnado do ciclo de Educación Infantil.
Dinamización da Lingua Galega
EXPOSICIÓN DÍA DE ROSALÍA
Exposición: Rosalía, de plena actualidade!
Para conmemorar o Día de Rosalía (23 febreiro) cada alumno/a ten que seleccionar un dos seus poemas (lembrade de poñer a obra á que pertence) e acompañalo dunha imaxe ou noticia de actualidade que estea relacionada coas ideas que transmite a composición.
Podedes consultar unha escolma de poemas na seguinte ligazón:
https://antelafala.blogspot.com/2023/02/rosalalia-na-tua-man.html
Tamén achegamos unha serie de recursos que poden ser do voso interese para conmemorar o Día de Rosalía de Castro, o vindeiro 23 de febreiro.
Aulas Galegas: https://aulasgalegas.org/?s=Día+de+Rosalía
O Portal da Lingua Galega: https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/equipos-de-dinamizacion-da-lingua-galega/datas-sinaladas
Fundación Rosalía de Castro: https://rosalia.gal
GAÑADORES DO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL
Xa temos os gañadores do concurso de postais de Nadal. Para elixir as tres mellores tivemos en conta non só o deseño, senón tamén a mensaxe para demostrarlles aos nosos maiores por que son un referente para os máis novos.
1º premio: Ayoub Rahouani
2º premio: Laura Quiroga
3º premio: Beatriz Loredo
Queremos desexarvos un bo Nadal e un próspero Aninovo en compañía dos vosos seres queridos!
Graciñas a todos/as pola vosa participación.
Entrega de premios: concurso de microrrelatos de medo
Para poñer fin á celebración do Samaín, entregamos os premios aos gañadores/as do concurso de microrrelatos de medo. Os participantes demostraron ter moito talento á hora de crear e conseguiron que tivésemos medo ao ler as súas composicións!
1º Premio: Laura Quiroga Rivas
2º Premio: Adolfo Pascual Romero Borja
3º Premio: Ayoub Rajouani
Moitos parabéns!




















