Oferta Formativa para o Curso 2023/24

O documento que se presenta no enlace que hai a continuación recolle a oferta formativa que haberá dispoñible no CIFP Porta da Auga para o vindeiro curso 2023/24.

 

Para consultar a información relativa ao procedemento de admisión e matrícula para cada unha das ensinanzas, selecciona o enlace correspondente:

 

Calquera dúbida existente con respecto ao proceso, pódese poñer en contacto co centro educativo.

 

Mobilidades Erasmus+ de docentes

Nas derradeiras datas, algunhas das docentes do noso centro estiveron levando a cabo mobilidades Erasmus+ en Italia. Co obxectivo de ampliar a súa formación e desenvolvemento profesional, asi como participar na estratexia de internacionalización do centro, estiveron visitando diferentes centros educativos e empresas tanto nas zonas da Emilia Romana como en Sicilia.

Para saber máis sobre as mobilidades que se están a levar a cabo no noso centro, preme no seguinte enlace: Programas Internacionais

Oboradoiro de arte efémera e estampación con lixo mariño

Isa García (bióloga), integrante do colectivo artístico “Retoque Retro” foi a guía e relatora da actividade formativa “Obradoiro de Arte Efémera e Estampación con Lixo Mariño”, dirixido ao alumnado de 1º curso do Ciclo formativo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia e do Ciclo formativo de Educación Infantil do CIFP Porta da Auga (Ribadeo).
Nesta formación o alumnado e profesorado adquiriron coñecementos e habilidades para realizar pezas de arte empregando só plástico e lixo procedente das praias.
O obxectivo desta actividade é concienciar ao alumnado e, por extensión a toda a comunidade sobre a importancia da reciclaxe, reutilización e redución dos residuos promovendo o desenvolvemento sostible e o coidado do medio ambiente.
Con Retoque Retro, o alumnado e profesorado realizou intervencións artísticas entre elas esculturas efémeras e prendas de roupa estampadas empregando residuos procedentes do mar.
Unha verdadeira actividade sensibilizadora sobre a problemática dos residuos plásticos nos océanos e mares da Terra e as súas consecuencias ambientais e sociais.

Obradoiro: “Claves dunha boa comunicación para emprender”

Dentro da actuación “Aulas de emprendemento”, levouse a cabo no centro unha actividade que tiña por obxectivo ensinar a comunicar, tendo en conta tanto os aspectos da comunicación verbal como da non verbal e como estos repercuten no impacto final da nosa mensaxe.
Ademais de coñeceras claves para a presentación dunha idea ou dun proxecto empresarial, veránse en xeral as claves para unha boa comunicación de cara a unha entrevista laboral, a presentación dun traballo, etc.