Dende a Comisión de Igualdade do Porta da Auga organízanse unha serie de actividades programadas para o vindeiro venres 24, co obxectivo de traballar contra a violencia machista coincidindo coa data do 25 de novembro: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
As actividades no centro comezarán ás 10h:
1. Lectura do Manifesto contra a violencia machista por parte do alumnado de 1º APSD
2. Interpretación da canción “A veciña do cuarto” de Fillas de Cassandra por un grupo de alumnas de APSD e Educación Infantil
3. Realización dun mural de mans no muro situado a esquerda da entrada principal
Ás 11 h, o alumnado de FP Básica e 1º dos Ciclos Medios, acudirá ao auditorio acompañado para a visualización da película “Matria” e posterior coloquio co director.